Os Correspondentes xuvenís 3.0 son 15 rapaces e rapazas representantes das diferentes aulas dos centros educativos de Bergondo e que teñen como encargo trasladar información relevante aos seus compañeiros. Podes consultarlle cuestións como as que deixamos aquí abaixo, pero tamén podes informarte sobre estas cuestións na páxina http://xuventude.xunta.es:
- Pasaporte de Linguas
Si estás interesado/a en contar cunha ferramenta para a auto-avaliación das túas destrezas e cualificación lingüísticas, faite o Pasaporte de Linguas: http://europass.cedefop.europa.eu/es/documents/european-skills-passport/language-passport.iehtml - Portal Europeo da Xuventude
Podes atopar información e oportunidades en Europa de emprego e espiritu empresarial, xuventude no mundo, educación e formación, participación, actividades e cultura, etc… http://europa.eu/youth/es - Portal TodoFP
O Ministerio de Educación ofrece información sobre as posibilidades de estudar ou traballar no estranxeiro como parte integrante do itinerario formativo e profesional individual. http://www.todofp.es/ - Pasaporte Europeo
Queres ter o Pasaporte Europeo de Competencias para ter unha visión completa das túas competencias e cualificacións para atopar traballo ou estudos; validar as túas competencias, etc.? Crea o teu Pasaporte Europeo de Competencias en liña: http://europass.cedefop.europa.eu/es/documents/european-skills-passport.iehtml - Certificado Youthpass
Youthpass é unha ferramenta para que os participantes en proyectos financiados polo programa Xuventude en Acción describan o que fixeron e mostren o que aprenderon.
Os certificados Youthpass están dispoñibles para o Servizo Voluntariado Europeo, Intercambios Xuvenís, Cursos de Formación e Iniciativas Xuvenís. Máis información: https://www.youthpass.eu/es/youthpass/ - Europeana: a biblioteca europea
Europeana, a bilblioteca dixital de Europa que permite acceder en liña a máis de 14 millóns de documentos dixitalizados, libros, mapas, fotografías, música, películas,….procedentes de bibliotecas, archivos e museos de Europa. http://www.europeana.eu/portal/ - Salto-xuventude
- Os Centros de Recursos Salto-Xuventude proporcionan ferramentas prácticas en liña para o traballo e a capacitación dos mozos/as. https://www.salto-youth.net/
- Corpo Europeo de Solidariedade
É unha nova iniciativa da Unión Europea cuxo obxectivo é crear oportunidades para que os mozos/as traballen como voluntarios ou colaboren en proxectos (nos seus propios países ou no estranxeiro) que beneficien a comunidades e cidadáns de toda Europa. Os mozos que participen no Corpo Europeo de Solidariedade aceptarán e defenderán os seus obxectivos e principios. Para inscribirse no Corpo Europeo de Solidariedade hai que ter 17 anos, pero non se pode empezar o proxecto ata que cumprir os 18. Nos proxectos do Corpo Europeo de Solidariedade poderán participar persoas de ata 30 anos. https://europa.eu/youth/solidarity_es - Percorre Europa cos pases Interrail:
Estás interesado en facer o Interrail? Na seguinte ligazón tes toda a información necesaria para facer esta incrible viaxe: https://www.interrail.eu/es