Continúa o programa ‘Bergondeando’ cunha andaina circular en Vixoi

O Concello de Bergondo continúa co seu programa de roteiros ‘Bergondeando’ e o vindeiro domingo, 7 de maio, será a quenda para unha andaina circular en Vixoi, unha actividade gratuíta dirixida a maiores de 18 anos ou a menores a partir de 5 anos acompañados sempre dun responsable maior de idade.

A saída farase ás 9:30 horas desde a igrexa de Vixoi e a chegada, ao mesmo punto, será ao redor das 13 horas. Para participar é necesario inscribirse previamente, ata as 14:30 horas do 4 de maio, no teléfono 981 791 252 ext.7 ou a través do formulario.