Este concurso ten por obxectivos fomentar o talento creativo da mocidade, impulsar o uso da lingua galega e contribuír á difusión do patrimonio cultural e turístico da provincia da Coruña.
Os microrrelatos, escritos en galego e cunha extensión máxima de 500 palabras, ambientaranse ou referiranse a un concello da provincia da Coruña. Poderán estar relacionados coa historia local, lendas, riqueza natural, cultural ou calquera outro aspecto que axude a resaltar o patrimonio dese concello.
Amáis de premios para as persoas finalistas e a súa aula, o relato gañador será adaptado para a rodaxe dunha curtametraxe na que poderá participar o alumnado do centro.
O prazo para participar remata o 20 de abril de 2025.
WEB_Diptico_HoxeEscriboEnMocidade_Biblioteca
