Área de Presidencia

Alejandra Pérez Máquez
Alcaldesa
Competencias:.
Correspóndelle a área de Presidencia a coordinación das diferentes áreas municipais.
En concreto intégranse na área de Presidencia, no eido de Persoal, as relacións cos representantes dos empregados públicos e a presidencia da Mesa xeral de negociación, oferta de emprego público.
No eido do Urbanismo, conserva esta área as competencias en materia de planeamento relativas a plans e instrumentos de ordenación urbanística, incluída a súa redacción.
En materia de Contratación, esta área asume a xestión dos procedementos de contratación do Concello.
No eido da Transparencia, correspóndelle a actualización dos datos contidos no Portal de Transparencia do Concello de Bergondo e da páxina web municipal.
No eido das novas tecnoloxías, correspóndelle a xestión das políticas municipais tendentes á súa implantación completa ás esixencias das novas leis de procedemento e achega aos veciños, as plataformas de tramitación electrónica, a sede electrónica municipal, impulso do uso da administración electrónica e implementación das TIC de xeito transversal.
En materia de Facenda, ocuparase esta área, en materia de gastos, da xestión presupostaria do concello, seguimento e control dos orzamentos, xestión económica e financieira da Administración; en materia de ingresos, recursos económicos do concello, xestión tributaria e de recadacion, política fiscal, preparación de ordenanzas fiscais e estadística
Correspóndelle tamén a esta área todas aquelas materias non asignadas expresamente a outra área de goberno.
Área de Cultura, Ensino e Desenvolvemento económico

Patricia María Vázquez Figueroa
1ª Tenente de alcaldía
Competencias:.
No eido da Cultura e do Ensino correspóndelle a xestión das políticas municipais de cultura, lingua e ensino: programación de actividades culturais de todo tipo, infraestructuras culturais, programas de educación complementaria; no eido do deporte, ocupación do tempo libre e xuventude correspóndelle xestión das políticas municipais de programación de actividades e infraestructuras deportivas de ocio e para a mocidade, participación xuvenil, planificación e promoción da ocupación do tempo libre da xuventude.
No eido do desenvolvemento económico, correspóndelle a esta área a xestión de plans de formación doutras admnistracións públicas, programas de cooperación en materia de emprego doutras administracións, a xestión das políticas municipais tendentes á dinamización e potenciación da vida económica local (comercio), as políticas municipais en materia de industria, turismo e promoción dos valores turísticos do Concello, a fixación dos obxectivos para a promoción de actividades económicas do Concello, as relacións cos axentes sociais na percura de políticas integrais de desenvolvemento e fomento de actividades económicas.
Servizo de Xuventude e Deporte
Integrado na área de de Cultura, Ensino e Desenvolvemento Económico
Santiago Franco Blanco
Área de Infraestruturas, Urbanismo e Medio Ambiente

Juan A. Fariña Pedreira
2ª Tenente de alcaldía
Competencias:.
No eido das Infraestruturas, correspóndelle a esta área o seguemento da execución dos diferentes plans de obras, xa sexan autonómicos ou provinciais, e dos plans de investimentos nas parroquias do Concello, incluída a mobilidade e seguridade viaria da rede municipal.
No eido dos Servizos Municipais, correspóndelle a esta área, o mantemento dos servizos básicos municipais de iluminación pública, abastecemento de auga e saneamento, acometidas, recollida de residuos sólidos urbanos. Inclúese o mantemento e conservación de vías públicas
Esta área comprende, no eido do Urbanismo, a xestión urbanística; a execución de planeamento; expropiacións por razóns de urbanismo, políticas municipais de dotación de solo para vivendas sociais, promoción de vivendas sociais, licenzas urbanísticas de todo tipo, comunicacións previas, licenzas para o exercizo de actividades e comunicacións previas de actividade, expedientes de disciplina urbanística.
En materia de Patrimonio, correspóndelle a xestión patrimonial do Concello, inventario de bens, dereitos e obrigas, administración e defensa do patrimonio municipal, patrimonio histórico, adquisición de bens por expropiación forzosa, agás nos casos das expropiacións urbanísticas.
No eido de Medio Ambiente, correspóndelle a xestión das políticas municipais de medio ambiente: sensibilización e fomento da conciencia medioambiental, políticas transversais de sostibilidade ambiental, planificación de espazos públicos e redifinición dos espazos públicos existentes; e os expedientes administrativos relacionados con este área.En materia de Paticipación Veciñal, correspóndelle a política de información ao cidadá, políticas municipais de participación cidadá a través dos instrumentos previstos no Regulamento orgánico municipal.
Servizos municipais
Integrado na área de Infraestruturas, Urbanismo e Medio Ambiente
Eloy Babío Veiga
Área de Obras públicas, Réxime interior e Seguridade

José Ramón Lorenzo Carou
3º Tenente de alcaldía
Competencias:.
No eido das obras públicas, correspóndelle a esta área o seguemento das obras públicas municipais, dos investimentos en conservación de edificios e equipamentos públicos, mesmo planificación dos pequenos investimentos nas materias indicadas; tamén no eido dos equipamentos públicos, as competencias municipais en materia de praias, cemiterios, parques e xardíns e parque empresarial. Tamén correspóndenlle as competencias en materia de limpeza viaria, roces, e limpeza de edificios públicos.
No eido de Réxime interior e Persoal, a xestión dos recursos humáns do Concello, os aspectos relativos á organización do Concello, métodos de traballo e instruccións correspondentes, agás as relacións cos representantes dos empregados públicos e Mesa xeral de negociación.
No eido da seguridade, correspóndelle a xestión da seguridade cidadá, protección civil e policía local.
Servizo de Equipamentos públicos
Integrado na área de Obras Públicas, Réxime Interior e Seguridade
Juan Francisco Sánchez López
Área de Benestar Social

María Begoña Calviño Dorado
4ª Tenente de alcaldía
Competencias:.
Correspóndelle a esta área a xestión de programas dos servizos sociais municipais, de atención ás situacións de marxinación e exclusión social, medidas de integración social, política de inmigración, atención á terceira idade, axuda no fogar, muller, familia e igualdade, voluntariado e seguemento da Escola Infantil Municipal.