A Consellería de Política Social da Xunta de Galicia, e Silman 97, a través do programa *Coidados Porta a Porta*, prestará, de xeito gratuito, unha serie de servizos destinados ás persoas maiores, en unidades móbiles que percorrerán diferentes concellos do medio rural das 4 provincias galegas.
Os servizos, que se prestarán, preferentemente baixo cita previa, ás persoas que se acheguen, serán os seguintes:
- Servizo de *prevención da xordeira*: atención básica, informativa e de prevención.
- Servizos de *podoloxía*: para a prevención, diagnóstico e tratamento das principais patoloxías dos pés (eliminación de durezas, control de uñas)
- Servizos de *prevención do alzhéimer e outras demencias neurodexenerativas*. Consistente en: realización de probas de valoración cognitiva, exercicios e fichas de estimulación cognitiva, actividades de estimulación funcional e envellecemento activo, prevención da soidade non desexada e promoción da autonomía persoal.
As unidades móbiles dispoñen de acceso para persoas con mobilidade reducida (conta con plataforma elevadora).
AS DATAS PREVISTAS PARA A ESTANCIA NO CONCELLO DE BERGONDO SON:
*22, 23 e 24 de novembro*
Información e cita previa nos teléfonos: 622 748 283 – 623 546 992