Buscas un espazo para compartir a túa paixón pola lectura? Únete ao Clube de Lectura da Senra en Bergondo! 
Comezamos o 22 de setembro e reunímonos todos os luns para conversar sobre un mesmo libro. É unha oportunidade fantástica para mergullarse en novas historias, escoitar diferentes perspectivas e gozar dun ambiente de respecto, tolerancia e participación. 

A participación é aberta, libre e gratuíta para todas as persoas adultas. Non o penses máis e achégate! Esperámosche! 

Cando?
Todos os luns, a partir do 22 de setembro de 2025.
Onde?
Local social do Edificio A Senra, de 18:00 h a 19:30 h.
Queres saber máis?
Chama ao 981 791 252, extensión 4.
Organiza: Proxecto de voluntariado social dos Servizos Sociais do Concello de Bergondo. 