O Club de Lectura A Seara bota a andar en Bergondo tralo descanso estival.
O Edificio A Senra acollerá a partir do próximo 14 de setembro o Club de Lectura A Seara, un espazo independente e autónomo creado para compartir o gusto pola lectura e gozar da literatura en compañía.
O clube nace coa vontade de reunir persoas interesadas nos libros, compartir opinións, descubrir novas obras e conversar arredor da lectura nun ambiente aberto, participativo e distendido.
As sesións celebraranse todos os luns, de 18:00 a 19:30 horas, no Edificio A Senra.
O Concello de Bergondo colabora con esta iniciativa facilitando o espazo para o desenvolvemento das sesións, pero o Club de Lectura A Seara funciona de maneira autónoma e independente, sendo as propias persoas participantes as responsables da súa organización e funcionamento.
Primeiro encontro: luns 14 de setembro
Horario: de 18:00 a 19:30 horas
Lugar: Edificio A Senra
As persoas interesadas en formar parte do club ou en obter máis información poden contactar co Concello de Bergondo no teléfono 981 79 12 52, extensión 4.
Anímate a participar, compartir lecturas e facer da literatura un punto de encontro! 
#Bergondo #ASeara #ClubDeLectura #Lectura #Cultura #EdificioASenra
