Xa está dispoñible na Senra a exposición “Chicas nuevas 24 horas” de Mabel Lozano.
Unha mostra que nos achega á realidade da trata de mulleres e nenas con fins de explotación sexual, convidándonos á reflexión e ao compromiso social.
Poderase visitar ata o 15 de maio no Edificio Sociocultural A Senra.
Ademais, o vindeiro 8 de maio terá lugar o pase do documental aberto ao público xeral.
Entrada libre e gratuíta ata completar aforo.
#Bergondo #ASenra #Igualdade #Concienciación
