Campaña de sensibilización “LIBERDADE DE SER E SENTIR!”

  • Categoría da entrada:Social

Un ano máis, por sétimo ano consecutivo, e con motivo da conmemoración do 28 de xuño “día da diversidade sexual”, desde Igualdade de xénero da Deputación da Coruña, impúlsase a Campaña de sensibilización “LIBERDADE DE SER E SENTIR!” un traballo colaborado e participado co obxectivo de visibilizar a importancia da tolerancia e a igualdade das persoas, independentemente da súa orientación sexual e identidade de xénero e co propósito de normalizar e sensibilizar á sociedade sobre as diversidades sexuais.