Campaña de senisibilización “Arte e comparte”

Sensibilización e concienciación sobre a contaminanción dos mares. Organiza o equipo de voluntariado social en colaboración co Centro de Promoción da AutonomÍa Persoal (CPAP).

Dividiremos a actividade en tres partes:

– Mércores 11 de maio: xornada ingormativa no CPAP. Falaremos sobre a importancia do noso papel para manter e protexer o medio ambiente das nosas propias pegadas.<

– Sábado 21 de maio: Xornada de limpeza na praia do Pedrido

– Mércores 25 de maio: no CPAP. Tarde creativa, cos materiais recollidos realizaremos produtos artísticos para así darlle unha segunda vida ós refugallos.

Actividade aberta á participación de todos os públicos.

Máis información e inscricións:

Concello de Bergondo -Departamento de Servizos Sociais: 981791252 ext.4-629104568

Arquivos:
Arte_e_comparte.pdf