CAMPAÑA DE NEVE 2024

LUGAR: Estación Valgrande-Pajares (Asturias).

CARACTERÍSTICAS: os/as participantes gozarán de catro días con aloxamento e manutención, nun albergue a pé de pista, contarán con cursos de esquí e actividades complementarias.

A Deputación asume a maior parte dos gastos ocasionados pola campaña: transporte dende os puntos de recollida en cabeceiras de comarca, estadía e manutención na estación invernal, monitores, clases de esquí, seguros, alugamento de material, remontes mecánicos na estación e as actividades.

DATAS: do 16 ao 19 de febreiro de 2023 (6.ª quenda)

DESTINATARIOS: rapaces/zas de 11 a 15 anos inclusive, cumpridos a 31 de decembro de 2023.

COTA: 85 €.

PRAZO DE PREINSCRICIÓN: ata o 1 de decembro de 2023, entregando a ficha de preinscrición, por rexistro de entrada ou por sede eletrónica do concello. Este documento poden obtelo na páxina web do concello (bergondo.gal) ou nas oficinas municipais sitas na Casa de Cultura do Concello de Bergondo.

PRAZAS CONCEDIDAS AO CONCELLO DE BERGONDO: 6

No caso de recibir máis solicitudes que prazas concedidas, farase un sorteo público, onde terán prioridade:

– Os/as empadroados/as no Concello de Bergondo.

– Os/as rapaces/zas que non foran a ningunha campaña da neve/inverno da Deputación.

Ficha_de_inscricion_Campana-Neve_2024