CAMPAMENTOS DEPORTIVOS DEPUTACIÓN DA CORUÑA VERÁN 2023

PRAZO DE PREINSCRICIÓN: do 10 de maio ata o 7 de xuño de 2023, entregando a ficha de preinscrición por rexistro de entrada ou por sede electrónica do Concello de Bergondo.

DESTINATARIOS: rapaces/as nados entre o día 1 de xaneiro de 2009 e o 31 de decembro de 2014.

COTA: 85 € (oitenta e cinco euros) como cota de participación.

No caso de recibir máis solicitudes que prazas concedidas, farase un sorteo público (con listaxe de reserva) onde terán prioridade:

– Os/as empadroados/as no Concello de Bergondo.

– Os/as rapaces/zas que non participasen no campamento deportivo da Deputación da Coruña en edicións anteriores.

Para calquera dúbida ou aclaración que precise, pode poñerse en contacto co Servizo de Cultura e Deportes do Concello de Bergondo, no tlf: 981 791 252, extensión 7. A información que se vaia engadindo á actividade incorporarase na páxina web de deportes https://www.dacoruna.gal/deportes/campamentos-deportivos/ de verán.

DOCUMENTACIÓN:

05_CARTA_INFORMATIVA_PARA_VECINOS_AS