O próximo luns, 5 de xaneiro, chegarán a Bergondo os Reis Magos acompañados dos seus paxes, onde percorrerán o municipio na xa tradicional cabalgata.
Se o tempo o permite, a ruta por todas as parroquias comezará ás 14.30 horas, desde a Casa da Cultura, e prolongarase ata as 18.40 horas, cando se espera que cheguen ao Pavillón de Guísamo para recibir á rapazada con roscón e unha gran chocolatada. A partir das 17:30 horas no pavillón haberá unha festa infantil na que, ademais, poderanse comprar detalles de Manualidades Ana e Lola e rifas para un sorteo da Comisión de Festas de Guísamo.
O itinerario deste ano pode consultarse na seguinte ligazón de Wikiloc https://loc.wiki/t/
