BERGONDO EN FEMININO

  • Categoría da entrada:Concello / Social

Que é? Proxecto de visibilización de mulleres históricas do Concello.

Que queremos? Rescatar a historia das mulleres de Bergondo: das pioneiras, das esquecidas, das invisibles, das rebeldes, das que abriron camiño.

Quen? Trátase dun proxecto impulsado pola Concellería de Servizos Sociais para a sensibilización en materia de igualdade de xénero.

Cando? Inicia o seu percorrido no ano 2019.

Como? A través dun proceso de investigación participativa se rescataron os nomes de mulleres importantes para a historia deste territorio. Levouse a cabo coa colaboración do grupo de voluntariado municipal, asociacións locais e veciños e veciñas referentes da comunidade.

Por que? Porque estas mulleres destacaron polo seu compromiso co ben común, a sororidade e a valetía para rachar cos estereotipos de xénero. Estas mulleres, a pesar da súa importancia quedaron invisibilizadas e por iso Bergondo quere facer un ejercicio de reparación e xustiza social.

Renomeáronse sete centros sociais do Concello e outros dous espazos municipais cos nomes das mulleres homenaxeadas.

Estes foron:

  • Centro Social de Fiobre, Filomena Dato Muruais.

  • Centro Social de Guísamo, Mª de los Dolores Miramontes Matos.

  • Centro Social de Lubre, María Fernández Sánchez “Maruxa do Chelo”.

  • Centro Social de Vixoi, Luísa Viqueira Landa.

  • Centro Social de Santa Marta de Babío, Xabiela Fraga Sánchez.

  • Centro Social de Ouces Antonia Pato Pardo

  • Centro social de Cortiñán Josefa Crespo Veiga “Fina a costureira”

  • Casa da Mocidade Jacinta Landa Vaz.

  • Salón de actos da Casa da Cultura, Mercedes Núñez Targa.

Ademáis, como parte do proxecto Bergondo en femenino elaborouse un mapa virtual interactivo formado por pequenas pezas audiovisuais de curta duración, centradas cada unha dela na vida e valores das 15 mulleres investigadas ao abeiro deste programa, e que permiten descubrir tamén os lugares e o patrimonio do municipio. Inspiradas no modelo de audioguías dos museos, estes vídeos buscan acompañar o roteiro autónomo das persoas interesadas en percorrer o concello e achegarse a estas figuras.

MAPA–BERGONDO–VIDEGUIAS-2023

https://bergondo.gal/descubre-bergondo/bergondo-en-feminino/

Bergondo en feminino

Que é? Proxecto de visibilización de mulleres históricas do Concello.

Que queremos? Rescatar a historia das mulleres de Bergondo: das pioneiras, das esquecidas, das invisibles, das rebeldes, das que abriron camiño.

Quen? Trátase dun proxecto impulsado pola Concellería de Servizos Sociais para a sensibilización en materia de igualdade de xénero.

Cando? Inicia o seu percorrido no ano 2019.

Como? A través dun proceso de investigación participativa se rescataron os nomes de mulleres importantes para a historia deste territorio. Levouse a cabo coa colaboración do grupo de voluntariado municipal, asociacións locais e veciños e veciñas referentes da comunidade.

Por que? Porque estas mulleres destacaron polo seu compromiso co ben común, a sororidade e a valetía para rachar cos estereotipos de xénero. Estas mulleres, a pesar da súa importancia quedaron invisibilizadas e por iso Bergondo quere facer un ejercicio de reparación e xustiza social.

Renomeáronse sete centros sociais do Concello e outros dous espazos municipais cos nomes das mulleres homenaxeadas.

Estes foron:

  • Centro Social de Fiobre, Filomena Dato Muruais.
  • Centro Social de Guísamo, Mª de los Dolores Miramontes Matos.
  • Centro Social de Lubre, María Fernández Sánchez “Maruxa do Chelo”.
  • Centro Social de Vixoi, Luísa Viqueira Landa.
  • Centro Social de Santa Marta de Babío, Xabiela Fraga Sánchez.
  • Centro Social de Ouces Antonia Pato Pardo
  • Centro social de Cortiñán Josefa Crespo Veiga “Fina a costureira”
  • Casa da Mocidade Jacinta Landa Vaz.
  • Salón de actos da Casa da Cultura, Mercedes Núñez Targa.
  • Fonte de Cortiñán Carmen Miramontes Vidal.

Ademais, tamén se fixo un recoñecemento a outras mulleres destacadas do municipio como: Carmen Miramontes Vidal, cunha placa no lavadoiro de Cortiñán; Natividad Martínez de Pan, na praza de Guísamo; e María Vázquez López no Centro Social de Cangas.

Como parte do proxecto Bergondo en femenino elaborouse un mapa virtual interactivo formado por pequenas pezas audiovisuais de curta duración, centradas cada unha dela na vida e valores das 15 mulleres investigadas ao abeiro deste programa, e que permiten descubrir tamén os lugares e o patrimonio do municipio. Inspiradas no modelo de audioguías dos museos, estes vídeos buscan acompañar o roteiro autónomo das persoas interesadas en percorrer o concello e achegarse a estas figuras.

 

Máis documentación