BERGONDO EN FEMININO PRECISA DA TÚA COLABORACIÓN!

O proxecto do concello de Bergondo en materia de igualdade está preparando a cartelería da edición 2025. Para iso, buscamos unha fotografía antiga dunha muller ou grupo de mulleres, que ilustre o cartel da actividade.

A imaxe seleccionada recibirá como agasallo un bono de 60 € para gastar no comercio local!

Participas?

  • Busca fotografías vellas na casa (até os anos 80, aproximadamente), onde saia unha muller ou grupo de mulleres bergondesas. Non ten que ser ninguén coñecido nin importante.

  • *Pode estar traballando, nas leiras, na casa, festexando, paseando, con outras veciñas,…

*Interésannos especialmente imaxes que trasladen alegría, sororidade, apoio mutuo, igualdade,…

  • No correo electrónico, indícanos o teu nome completo e teléfono de contacto, e, se o sabes, o das mulleres que aparecen na imaxe (se son mulleres que estean vivas lembra pedir o seu consentimento para figuraren no cartel desta actividade).

Grazas pola túa colaboración!