Bergondo en feminino. Coser a historia con Veronica Ramilo

  • Publicación da entrada:
  • Categoría da entrada:Veciñanza
🧵 Coser a historia | Bergondo en feminino 2026

Un espazo de arte, palabra e costura para bordar fotografías de vida 💜

O vindeiro *23 de abril*, convidámoste a participar nun obradoiro de fotobordado guiado por Verónica Ramilo, no que transformaremos lembranzas en creación colectiva.

👉 Trae unha fotografía propia (impresa ou dixital) dunha muller inspiradora para ti —ou utiliza unha das que achegaremos— e intervén sobre ela a través da costura, mentres compartimos historias e conversas arredor das mulleres que marcaron as nosas vidas.

✨ Non é necesaria experiencia previa.
🧵 Co resultado final crearemos unha peza colectiva que será exposta xunto á máquina de coser de Fina a Costureira.

📅 23/04/2026
🕔 17:00 – 20:00 h
📍 Centro social de Cortiñán Josefa Crespo Veiga

📩 Envía previamente a túa fotografía a: paola@rexenerando.com
🔗 Inscricións: i.gal/BEF2026

Un encontro para crear, lembrar e tecer memoria xuntas 💫