O acto contará cunha representación teatral a cargo da compañía Catro Gatos Teatro, seguida da entrega de premios do I Certame de Foto-relatos, unha iniciativa que busca visibilizar historias femininas a través da fotografía e a narración.
A celebración incluirá tamén unha actuación musical do grupo As Tocadoras do Alprende, e un espazo para o encontro e a degustación con produtos tradicionais da man de A Artesa da Moza Crecha.
Con esta iniciativa, o Concello de Bergondo reafirma o seu compromiso coa igualdade de xénero, a promoción da cultura e o recoñecemento do papel das mulleres como protagonistas da historia local e do presente creativo.
Toda a información deste proxecto dispoñible en:
https://bergondo.gal/descubre-
Este acto conta co apoio do Pacto de Estado contra a violencia de xénero, o Ministerio de Igualdade e o Goberno de España.