Bergondo acollerá a andaina contra a violencia de xénero organizada polo Consorcio As Mariñas.
Será o sábado 23 de novembro, saíndo ás 11:00h do pavillón de Guísamo. A zona é ampla e permitirá o aparcamento no caso de veñades tanto en autobús como en vehículo particular. Dende media hora antes da saída estaremos no punto de partida entregando un agasallo e unha botella de auga.
O trazado é de dificultade baixa, aínda así aconséllase roupa e calzado axeitado para camiñar porque pasaremos por zona de sendeiro. O percorrido ten unha distancia aproximada de 5 quilómetros polo que a duración prevista é de unha hora. É unha ruta circular e ao rematar realizaremos no punto de chegada a lectura do manifesto conxunto.
Consulta o itinerario, que discorre pola senda ZEC que atravesa o noso concello: https://es.wikiloc.com/rutas-coche/andaina-25-n-190908321?utm_medium=app&utm_campaign=share&utm_source=12563207
A inscrición farase o día da andaina na saída.