O baño de bosque ou Shinrin-yoku é unha invitación a parar, a experimentar a natureza de verdade, a permitir que nos penetre a través dos sentidos, e beneficiarnos do seu poder restaurativo da mente, do corpo e do espírito. Trátase simplemente de ESTAR na natureza, de conectar con ela a través dos sentidos, un paseo sen destino algún, entregándonos sen expectativas e permitíndonos empaparnos de todos os agasallos que o bosque ten para nós.
Con este obxectivo, o Centro de Documentación Ambiental do CEIDA organiza o vindeiro 7 de xullo unha actividade de baño de bosque no xardín do Pazo de Lóngora (Liáns, Oleiros), actual sede do centro, guiada por Rosalía Santori, especialista en experiencias de benestar interior e autora do libro 7 herbas máxicas (Hércules de Edicións). As persoas asistentes poderán ademáis coñecer os fondos bibliográficos que esta biblioteca verde dispón vinculados a esta arte xaponesa.
A actividade terá lugar ás 19 h. cunha duración aproximada de hora e media. As prazas son limitadas.
Máis información e reserva de prazas en: www.ceida.org/gl/novidades/bano-de-bosque-no-xardin-do-pazo-de-longora