Aberto o prazo de solicitude das Axudas para a escolarización de menores do Concello de Bergondo ata o 3 de xullo.
As persoas interesadas deberán presentar a través da Sede electrónica municipal ou por rexistro de entrada (recoméndase cita previa no 981791252 ext.2), o modelo de solicitude (Anexo I), fotocopia do DNI, libro de familia e declaración da renda 2022.
Máis información no 981791252 ext.4 ou monica.mourin@bergondo.gal
Enlace a Sede electrónica onde está toda a información e os formularios