Axudas aos desprazamentos escolares para o próximo curso

O Concello de Bergondo avanza na súa aposta por promover unhas mellores condicións para o estudantado da localidade coa convocatoria das axudas económicas aos desprazamentos escolares para o próximo curso 2025-2026.

O Boletín Oficial da Provincia publica hoxe, mércores 6 de agosto, a convocatoria destas subvencións das cales poderán beneficiarse todos os estudantes empadroados no Concello que cursen; Educación Infantil; Bacharelato; Formación Profesional; ensinos de réxime especial; Educación Universitaria; programas internacionais oficiais e outros estudos oficiais homologados.

A presente convocatoria está dotada cun orzamento total que ascende a 15.000,00 euros. Desta contía, o importe máximo a percibir por cada persoa beneficiaria será

Galicia:
De 1 a 3 km: Ata 40 euros.

De 4 a 15 km: Ata 60 euros.

De 16 a 40 km: Ata 80 euros.

De 41 a 80 km: Ata 120 euros

De 81 a 170 km: Ata 150 euros.

Outras comunidades autónomas: Ata 200 euros.

Programas internacionais oficiais: Ata 600 euros.

As persoas que desexen presentar as súas solicitudes a esta convocatoria poderán facelo desde mañá, xoves 7 de agosto, ata o próximo 10 de outubro.

Toda a información e documentación na sede electrónica: https://sede.bergondo.gal/sxc/es/procedimientosytramites/tramites/SolicitudAyudasTransporteEstudiantes2025-26