Asuntos tratados no pleno ordinario do 30/07/2026

  • Publicación da entrada:
  • Categoría da entrada:Concello

O xoves 30 de xullo de 2026 celebrouse un pleno ordinario do Concello de Bergondo no que se trataron os seguintes asuntos:

  1. Aprobación da Conta Xeral do exercicio 2025. Aprobada cos votos a favor de PSOE e Alternativa dos Veciños, en contra do PP e BNG.

  2. Determinación dos días festivos locais para o ano 2027 (9 de febreiro, Martes de Entroido; e 16 de agosto). Aprobado por unanimidade.

  3. Modificación do orzamento 2026 mediante suplemento de crédito e crédito extraordinario (2_SC). Aprobado cos votos a favor de PSOE, AV, BNG e en contra do PP.

  4. Modificación da base de execución 33.6 do orzamento municipal 2026. Aprobada por unanimidade.

  5. Participación na segunda fase do Plan provincial de cooperación ás obras e servizos de competencia municipal (Adicional 2/2026). Aprobada por unanimidade.

  6. Aprobación do proxecto modificado de pavimentación con aglomerado asfáltico, rega asfáltica, zahorra e formigón en camiños das parroquias de Bergondo, Moruxo, Vixoi, Guísamo, Cortiñán, Rois e Babío, no concello de Bergondo. Aprobado cos votos a favor do PSOE e AV e a abstención de PP e BNG.

  7. Aprobación definitiva do estudo de detalle para o reaxuste de aliñacións e rasantes, e ordenación de volumes en parcela comercial con referencia catastral 9262902NH5996S0001ID no polígono industrial de Bergondo. Aprobado por unanimidade.

  8. Moción do grupo municipal do Bloque Nacionalista Galego (BNG) sobre saneamento e depuración. Aprobada cos votos a favor de BNG e PP e a abstención de PSOE e AV.

  9. Acordo institucional para reclamar a incorporación do Concello de Bergondo á Área de Prestación Conxunta do servizo de taxi da área da Coruña.

  10. Moción de urxencia sobre persoamento no procedemento ordinario 4173/2026 perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. Aprobada cos votos a favor de PSOE e AV e abstención de PP e BNG.