Hoxe, xoves 29 de xaneiro, tivo lugar un pleno ordinario do Concello de Bergondo, no que se trataron os seguintes asuntos:
- Ratificación da resolución de Alcaldía sobre a participación no Plan Único Adicional para gastos sociais extraordinarios do exercicio 2026. Aprobado cos votos a favor de PSOE, Alternativa dos Veciños e BNG e a abstención do PP.
Participación no Plan Único Adicional 2026 para a financiación de gastos correntes. Aprobado cos votos a favor de PSOE, Alternativa dos Veciños e BNG e a abstención do PP.
Participación no Plan Único 2026 de cooperación ás obras e servizos de competencia municipal. Aprobado cos votos a favor de PSOE, Alternativa dos Veciños; en contra do BNG e a abstención do PP.
Convenio de cooperación coa Xunta de Galicia para o exercicio das competencias relativas á convocatoria e desenvolvemento dos procesos selectivos unitarios para o acceso ás diferentes categorías do corpo de Policía Local e ás prazas de auxiliares de Policía Local. Aprobado por unanimidade.
Adhesión ao convenio de colaboración entre a Xunta de Galicia e a empresa pública de Servizos Agrarios Galegos S.A. (SEAGA) en materia de prevención e defensa contra incendios forestais, para a consolidación do sistema público de xestión da biomasa nas faixas secundarias e acordos que procedan. Aprobado cos votos a favor de PSOE, AV e PP e a abstención do BNG.
Aprobación inicial do Plan de Actuación Municipal 2026. Aprobada cos votos a favor do PSOE e AV e a abstención de PP e BNG.
Moción do grupo municipal do BNG sobre financiamento e modelo do Servizo de Axuda no Fogar (SAF). Aprobada, incorporando unha emenda do PSOE e AV, cos votos a favor de BNG, PSOE e AV e a abstención do PP.
Moción do grupo municipal de AV sobre a recuperación e posta en valor do Castelo da Corbeiroa. Aprobada por unanimidade.
- Moción de Alcaldía para a modificación do documento de aprobación provisional da Modificación Puntual Novena das normas subsidiarias de planeamento, Polígono San Cidre, en resposta ao requirimento do 30/12/2026 da Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas. Aprobada cos votos a favor de PSOE e AV, en contra do BNG e a abstención do PP.