Asuntos do pleno ordinario do 25/09/2025

  • Publicación da entrada:
  • Categoría da entrada:Veciñanza
Hoxe tivo lugar un pleno ordinario do Concello de Bergondo, no que se trataron os seguintes asuntos:
  • Aprobada por unanimidade a modificación do orzamento 2025 mediante suplemento de crédito.
  • Aprobado por unanimidade o proxecto de regas asfálticas nas parroquias de Lubre, San Salvador de Bergondo, Vixoi e Rois, incluíd0 no POS+2025.
  • Aprobada a moción do Grupo Municipal do BNG sobre abastecemento de auga cos votos a favor de BNG e PP, a abstención do PSOE e o voto en contra de Alternativa dos Veciños.
  • Aprobada por unanimidade a moción do Grupo Municipal do PSOE en apoio ao pobo palestino e a favor da paz en Gaza.