Arrancan as obras de renovación do parque de Bergondiño

  • Categoría da entrada:Bergondo

Esta semana comezaron os traballos de mellora do parque de Bergondiño. Esta obra, incluída no Plan Único da Deputación da Coruña 2023, ten como obxectivo a mellora das explanadas onde se sitúan os xogos, ampliar os elementos de lecer, adecuar a zona á normativa de seguridade e cumprir co compromiso cos veciños da zona, que viñan reivindicando a necesidade desta reparación.

No proxecto, orzado en 154.243 euros, contémplase a instalación dun novo pavimento; a renovación dos xogos existentes, colocando outros como paneis interactivos, xogos biosaudables, ou un rocódromo; a restauración do mobiliario que se atope en mal estado; a instalación de varandas de protección en diferentes zonas do parque; e a o lavado de cara á pista polideportiva, cambiando o pavimento e o peche desta.

Desde o goberno local de Bergondo afirman que “este é outro paso máis na mellora continua dás infraestruturas das parroquias que está a realizar este goberno local”. “Cando remate esta obra, a rapazada da parroquia de Bergondiño terá nas unhas instalacións modernas e preparadas para as necesidades dos nenos e nenas de hoxe, así como máis seguras”, subliñan.