O Padrón municipal de habitantes é o rexistro administrativo onde constan tódolos veciños do municipio.
Os seus datos constitúen proba de residencia no municipio e de domicilio habitual no mesmo.
Toda persoa que viva en España está obrigada a inscribirse no Padrón do municipio no que resida habitualmente. Quen viva en varios concellos deberá inscribirse no que resida máis tempo ó longo do ano.
POBOACIÓN EN BERGONDO
0
habitantes
0
homes
0
mulleres
Poboación de Bergondo, cifra oficial segundo a revisión do Padrón municipal a 1 de xaneiro de 2020. Fonte: INE
A normativa que afecta ó Padrón municipal de habitantes é principalmente o Regulamento de Poboación e Demarcación Territorial das Entidades Locais (RD 1690/1986, de 11 de xullo, modificado por RD 2612/1996, de 20 de decembro).