En que consiste?
O programa madruga é unha medida para favorecer a conciliación familiar, laboral e social daquelas familias nas que ámbolos dous proxenitores traballan fóra do domicilio familiar e que o seu horario laboral non sexa compatible co horario de entrada ó colexio dos seus fillos e fillas.
As actividades que se desenvolven no programa teñen como obxectivo favorecer a adquisición de hábitos saudables entre o alumnado (alimentación, deporte, hixiene persoal…) e conseguir a súa autonomía en tarefas da vida cotiá. Trabállanse aspectos relacionados coa interacción e resolución de conflitos , autoestima , motivación e habilidades sociais a través de diferentes dinámicas de grupo e das tecnoloxías da información e da comunicación.
Para quen?
As actividades que se levan a cabo están dirixidas a todo o alumnado de Educación Primaria así como a toda a etapa de Educación Secundaria Obrigatoria cuxos horarios laborais dos proxenitores sexan incompatibles co horario de entrada ó colexio dos seus fillos e fillas.
Horarios:
De luns a venres de 7:30 horas ata as 9:20 horas:
De 7:30 a 8:30 horas realización de actividades.
De 8:30 a 9:15 horas almorzo e hixiene bucal.
Durante este horario, o alumnado poderá incorporarse a actividade no momento que o precise. A actividade do almorzo é optativa.
Número de prazas:
Por orde de inscrición ata un máximo de 20 alumnos/as.