Matrimonios civís no concello de Bergondo
A Lei 35/1994, de 23 de decembro faculta ós alcaldes para autorizar matrimonios, deste xeito, as persoas que desexen contraer matrimonio en forma civil poden elexir entre facelo no Xulgado correspondente ou no Concello.
O expediente matrimonial
Dado que as corporacións locais carecen de competencias para a instrucción do expediente previo, éste debe ser tramitado conforme recollido no artigo 238 do Regulamento do Rexistro Civil, e dicir, diante do Xuíz Encargado ou de Paz ou o Encargado do Rexistro Civil consular, correspondente ó domicilio de calquera dos contraíntes.
A día de hoxe está prevista unha reforma do Código Civil respecto a esta materia, no Anteproxecto de Lei da Xurisdicción Voluntaria, que contempla a posibilidade de que os matrimonios civís poidan ser celebrados tamén ante notario.
No caso de Bergondo, deberán dirixirse ó Xulgado de Paz desde concello. Alí indicaráselles a documentación esixida.
Os interesados deberán tamén presentarse na oficina da Secretaría de Alcaldía co fin de facilitar os seus datos e os das testemuñas (maiores de idade), así como concretar a data de cerimonia. O único requisito que se pide neste concello é que un dos contraíntes estea empadroado en Bergondo.
Este trámite poden facelo antes ou despois de iniciar os trámites no Xulgado de Paz. Débese ter en conta que o tempo medio de tramitación do expediente no Xulgado é de tres meses.
Horario e datas das celebracións
As vodas en Bergondo pódense celebrar calquera día da semana en horario de mañá ou tarde, e teñen unha duración máxima de 1 hora.
No caso de desistir da celebración da cerimonia, prégase que se comunique por escrito.
Lugar e duración
As cerimonias de matrimonio civís celébranse habitualmente do Salón de Plenos municipal, situado na primeira planta da Casa Consistorial, ainda que por motivos de espazo, poderíase habilitar o Salón de Actos do Multiusos da Senra.
A cerimonia
Na data e hora previstas para a celebración, os contraíntes, testemuñas e invitados accederán ó Salón de Plenos ou lugar que o substitúa.
A cerimonia será oficiada pola Alcaldesa-Presidenta, poidendo delegar esta función nalgún outro concelleiro/a. Asimesmo, tamén pode oficiala calquera membro da Corporación, se así o solicitan os contraíntes.
Acta de matrimonio e Libro de familia
Ó finalizar a celebración, unha vez declarada a unión matrimonial, os contraíntes, testemuñas e oficiante asinarán a correspondente acta matrimonial. Un exemplar da mesma remitirase ó Rexistro Civil de Bergondo, que á súa vez fará entrega do Libro de Familia ós contraíntes.