É obxectivo do Goberno Local de Bergondo potenciar aquelas accións conducentes a un mellor desenvolvemento persoal e profesional das persoas adultas e moi especialmente das máis desfavorecidas ou carentes de titulación básica, sobre todo daqueles que por razóns de traballo ou de residencia non poden continuar nos centros ordinarios.
Cursos de Formación de adultos. Actividade organizada a través da Axencia de Desenvolvemento Local do Concello de Bergondo.
As clases desenvólvense na Aula de Formación da Casa da Cultura ó longo de todo o ano, en horario de tarde.
Poboación á que se dirixen as actividades:
Maiores de 17 anos.
Persoas sen titulacións en Graduado Escolar ou Formación Profesional de 1º grao.
Persoas adultas sen estudos, non escolarizados en centros de ensinanzas regradas, aprendices en traballos sen titulación ou demandantes de emprego.
Colectivos con risco elevado de exclusión social ou con especial dificultade de inserción profesional: inmigrantes e persoas con disfunción cerebral mínima.
O acceso é totalmente libre e gratuito.
Traballamos de acordo coas seguintes prioridades:
Persoas adultas que non dominan as técnicas instrumentais elementais, sendo o seu obxectivo dotalas dos coñecementos, destrezas, habilidades e técnicas imprescindibles que lles faciliten a súa promoción persoal, social e laboral, así como a continuidade noutros procesos formativos. + info
Obtención do título de graduado en educación secundaria mediante a presentación ás probas extraordinarias que convoca anualmente a Dirección Xeral de Formación Profesional e Ensinanzas Especiais nos meses de xuño e setembro. + info
Preparación de probas de acceso a ciclos formativos de grao medio. + info
Preparación das probas de avaliación para facilitar que as persoas poidan acreditar as competencias clave que se requiren para acceder aos cursos dos novos certificados de profesionalidade asociados ao Catálogo nacional de cualificacións profesionais. Real decreto 34/2008, do 18 de xaneiro. + info
Recoñecemento da experiencia profesional. Para que é o recoñecemento?.
Para que as persoas que teñen experiencia e/ou formación non oficial, a través dun proceso de asesoramento e avaliación, poidan obter unha acreditación oficial, de ámbito estatal, con efectos: profesionais (acceso e promoción no emprego) e académicos (validación de módulos da FP inicial e/ou da FP para o emprego -desempregados e ocupados-). + info