Aula Mentor é un programa de formación online non regrada, flexible e con titorización personalizada, dirixido a persoas adultas maiores de 18 anos cun extenso catálogo de cursos cos que ampliar as súas competencias persoais e profesionais.

A iniciativa está promovida polo Ministerio de Educación e Formación Profesional en colaboración con outras institucións públicas e privadas tanto nacionais como internacionais.

FUNCIONAMENTO DA AULA MENTOR

1º. OFERTA DE CURSOS

Elixe o teu curso.

Todos os cursos aparecen na páxina web www.aulamentor.es

Podes realizar os cursos dende o teu domicilio ou dende a Aula Mentor Bergondo.

2º. CONTACTA COA TÚA AULA MENTOR DE BERGONDO

Administrador da Aula.

981 791 252 (ext. 7)          de   9 – 15 horas, de luns a venres

981 794 435                        de 16 – 21 horas, de luns a venres

bergondo@aulamentor.es

Servizos educativos           Estrada da Coruña, 12. 15165 – Bergondo (A Coruña)

3º. MATRÍCULATE

– Matrícula vía E-mail (24 h.)

– Matrícula presencial nos seguintes horarios:

• Casa da  Cultura   Luns a venres 10 – 14 h.  Martes e xoves de 16 – 18.30 h.

• A Senra.                 Luns a venres 16 – 20.30 h. (excepto nos meses de verán)

Para facela efectiva necesitas:

1º- Cubrir a solicitude de matrícula

     Entrar na web: bergondo.gal

     En   #Áreas e servizosEducación

     ? Aula Mentor Bergondo

     Abrir o PDF Matrícula Aula Mentor.

     Descargar o PDF, cubrir e enviar a solicitude a bergondo@aulamentor.es

2º- Anexar:           • Fotocopia do DNI

• Xustificante de ingreso

Unha vez todo presentado, acordarás a data de inicio co teu Administrador da Aula Mentor de Bergondo.

O prazo de matrícula estará aberto durante todo o ano (excepto en agosto).

4º. PAGOS

Ao matricularte nun curso debes aboar 48€, que che dan dereito a 60 días naturais. Se precisases máis tempo, poderás continuar o curso mediante recargas mensuais de 24€. Tes cursos por 24€.

ENTIDADE:                          ABANCA

NÚMERO DE CONTA:       ES95 2080 0045 9831 1000 0071

BENEFICIARIO:                  CONCELLO DE BERGONDO

ORDENANTE:                    (Figurará o nome e apelidos do/a alumno/a)

CONCEPTO:                       (Nome do curso no que se matricula)

CANTIDADE:                       48 €

5º. DEREITOS DA MATRÍCULA

• Asistencia á aula nun horario determinado, se o precisas.

• Conta de correo e titoría telemática.

• Emprego dos recursos da aula.

• Unha vez “autorizado para exame”, dispós de dúas oportunidades.

• Avaliación final para a obtención do certificado de aproveitamento.

PERSOAS Á TÚA DISPOSICIÓN

Administrador da Aula

É a persoa encargada da aula e do mantenemento e xestión dos equipos.

Informa e orienta sobre os cursos e axuda no manexo dos equipos e acceso á plataforma.

Realiza as matrículas e recargas, facilita o “Login” e contrasinal inicial; e establecerá contigo a data de inicio e data de exame.

Facilita os exames e, entrega os certificados de aproveitamento.

Titor

É a persoa que te axudará no seguimento do curso, aclarándoche dúbidas, axudándoche a resolver problemas, orientando, correxindo prácticas.

Podes consultar calquera dúbida ao teu titor, referida aos contidos do curso.

6º. DURACIÓN DOS CURSOS

Cada curso ten un número determinado de horas certificadas.

A duración do curso é variable segundo a dedicación e experiencia previa do alumnado.

7º. EXAME E VALIDACIÓN OFICIAL

Tras superar o exame presencial, obtense un certificado de aproveitamento emitido polo Ministerio de Educación e Formación Profesional.