- O servizo de Educación en Bergondo inclúe unha ampla variedade de subseccións: Aula Mentor, Campaña animación á lectura, Centros educativos, Consello escolar municipal, Dinamización lingüística, Escola de nais e pais, Formación de adultos, Orientación educativa e Programa de apertura de centros.
Ademáis disto, neste servizo proporcionámoslle información personalizada sobre:
Ensinanzas de réxime xeral: Infantil, Primaria, Secundaria, Programas de cualificación profesional inicial (P.C.P.I.), Bacharelato (adultos) a distancia semipresencial ou con titorías telemáticas, Formación Profesional Específica (Probas de acceso para o Grao Medio e Grao Superior).
Ensinanzas de réxime especial: Deseño, Música, Danza, Idiomas e Deportivas.
Educación persoas adultas: Niveis 1 e 2 e nivel 3, Educación Secundaria Adultos.
Universidades galegas: Acceso Universidade: persoas con +25 anos e persoas con +45 anos;; Universidade Senior: persoas con +55 anos.
Programas educativos europeos: Comenius, Erasmus, Leonardo da Vinci e Grundtvig.
Iniciativas comunitarias: EQUAL, EUROPASS-Formación e Convocatorias da Comuniadde autónoma.
Conexións educativas.
Validacións e homologacións de títulos académicos e profesionais.
Obtención de títulos de Técnico e Técnico Superior: Avaliación, recoñecemento e acreditación das competencias profesionais dos traballadores; Validación de módulos de ciclo formativo.
Bolsas e axudas de estudos
Bibliotecas
Oposicións
Diagnóstico pedagóxico: Tratamento de dificultades na aprendizaxe.
Técnicas de estudo, individualizadas ou grupais.
Lexislación educativa: LOXSE, LOCE e LOE.
E tamén…
Proporcionamos guías, temarios, exames, titorías, apoio docente, etc.
Xestionamos matrículas, reclamacións de exames, bolsas e axudas, xestións administrativas académicas, homologacións, validación de títulos, etc.