APRENDER A COIDARTE E XESTIONAR AS TÚAS EMOCIÓNS

  • Publicación da entrada:
  • Categoría da entrada:Veciñanza

💜 Coidas de todo o mundo… pero, e ti?

Ser coidadora é estar sempre pendente, sostendo, acompañando, resolvendo… e moitas veces esquecéndote de ti mesma.
Por iso queremos crear un espazo seguro onde parar un pouco, compartir, aprender e sentirte acompañada. 🌿

O vindeiro *mércores 20* comezamos os *obradoiros gratuítos de apoio a mulleres coidadoras* no Centro Social de Guísamo María Miramontes Matos.

Falaremos de autocuidado, emocións, culpa, cansazo e ferramentas para sentirte mellor no día a día. Sen xuízos, con calma e entre mulleres que viven situacións parecidas. 🤝

💚 Aínda quedan prazas libres
🕥 Os mércores de 10:30 a 12:30
📍 Guísamo
📞 Inscricións: 981 791 252

Ter espazo para unha mesma tamén é coidar. 💫