Acto de presentación dos traballos de ‘Bancos para a xustiza social’

O Departamento de Servizos Sociais do Concello de Bergondo impulsou a finais do pasado ano o proxecto ‘Bancos para a xustiza social’, de sensibilización cidadá para a xustiza social.

Levouse a cabo unha intervención sobre o mobiliario urbano, neste caso interviuse sobre nove bancos en colaboración cos veciños e veciñas do municipio, o equipo de voluntariado social, diferentes asociacións e entidades do terceiro sector e coa artista local Iria Fafián.

Os temas escollidos foron a diversidade funcional, defensa do medio ambiente, saúde mental, diversidade cultural, mocidade, infancia, diversidade sexual e persoas maiores. O deseño dos bancos realizóuse de forma colaborativa, partindo de obradoiros abertos nos que as persoas participantes deron ideas para a mensaxe, imaxe e emprazamento destes elementos.

Trala fase de deseño e pintura propiamente dita, o proxecto pasa agora á súa fase final: a fase de presentación. Para iso celebrarase un: acto de presentación aberto a todos os públicos o venres día 26 de xaneiro ás 18.00 horas na Senra.