Prazo de presentación de solicitudes: do 10 ao 16 de maio de 2023.
Preferencia de participación.Nas actividades culturais e deportivas organizadas para este verán 2022, terán preferencia:
Primeiro: persoas empadroadas no Concello de Bergondo.
Segundo: persoas que poidan demostrar convivencia con persoas empadroadas neste concello ou que pasen as vacacións en verán no Concello de Bergondo na súa segunda residencia sita Concello de Bergondo. Nestes casos deberán realizar unha declaración xurada desta situación, a cal poderá ser comprobada dende o Concello de Bergondo.
Horarios e formas de presentación de solicitudes:
Poden elixir unha das seguintes opcións, preferentemente vía e-mail e formulario on line, nas que se enviará confirmación da solicitude vía e-mail.
• Vía E-mail: dende as 00.00 h do día 10 de maio ata as 15.00 h do día 16 de maio no correo electrónico cultura.deportes@bergondo.gal
• Vía formulario on line: dende as 00.00 h do día 10 de maio ata as 15.00 h do día 16 de maio: https://docs.google.com/forms/d/1on8O3xwg4zXiYkfTdPEFxvNsW7-dg2Go429qYSSZKZc/viewform?pli=1&pli=1&edit_requested=true
• Vía telemática a través da sede electrónica municipal dende as 00.00 h do día 10 de maio ata as 15.00 h do día 16 de maio.
• Vía presencial: de 9.30 a 15.00 h na Casa de Cultura dende o día 10 ao 16 de maio.