O Concello de Bergondo organiza a próxima semana un programa de actividades de educación e sensibilización ambiental na praia de Gandarío centradas sobre os impactos ambientais que sofren as nosas praias a importancia da súa conservación.
O programa de actividades de sensibilización e educación ambiental desenvolverase os días 25, 27 e 28 de agosto en horario de mañá (de 11.30 a 13.30) e de tarde (de 16.30 a 18.30) e durante as mesmas, guiadas por dous educadores ambientais, se darán a coñecer os problemas ambientais dos nosos areais e o noso litoral e se afondará nas Boas prácticas ambientais que cada un de nós pode cumprir para poder axudar a Coidar as nosas praias.
A praia de Gandarío está galardoada co distintivo de Bandeira Azul e, por sexto ano consecutivo, un certificado de calidade que distingue aos mellores areais de toda España.
Bandeira Azul é un galardón ambiental concedido a aqueles municipios, portos deportivos e embarcacións turísticas sustentables, que realizan un especial esforzo na xestión do litoral.
A Bandeira Azul foi creada pola Fundación para a Educación Ambiental (FEE),en entidade representada por unha organización non gobernamental ambiental en cada unha das máis de 73 nacións participantes.
A Bandeira Azul é un galardón ambiental que se concede a aqueles municipios que realizan un especial esforzo na xestión das súas praias, nas que promoven o mantemento da calidade das súas augas, a limpeza e a seguridade, a educación ambiental e a acción colectiva na procura da conservación do litoral.
