Aberto o prazo para solicitar lumeiradas na noite de San Xoán

  • Categoría da entrada:Bergondo

Xa está aberto o prazo para solicitar os permisos para facer lumeiradas na noite de San Xoán.

O horario das lumeiradas establécese a partir das 20:00 horas do día 23 de xuño ata as 04:00 horas do día 24 de xuño, momento no que haberá que desaloxar as praias e as zonas das mesas.

Autorizaranse un máximo de 50 cacharelas na praia de Gandario e un máximo de 10 na praia do Pedrido, onde se lle dará preferencia ás persoas empadroadas no Concello de Bergondo. Para poder realizar a fogueira, deberase contar coa previa autorización da mesma. Non estará permitido facer cacharelas nas praias da Cabana e O Regueiro.

O prazo máximo de presentación de solicitudes rematará o dia 22 de xuño ás 15:00 horas.

Por motivos de seguridade, a estrada dende a rotonda ata o final da praia de Gandarío permanecerá pechada ao tráfico dende as 22:00 ata as 2:00 horas.

Consulta aquí o bando coa normativa a cumprir.