Ao abeiro do disposto no artigo 14 do Desenvolvemento normativo de funcionamento interno do Comité de Ética en Intervención Social CEIS As Mariñas, en relación co artigo 11, e coa finalidade de mellorar a competencia técnica e facilitar o cumprimento das súas funcións, é necesario iniciar a provisión de vacantes para cubrir as baixas rexistradas, ata un máximo de 7.
Pode presentar a súa solicitude calquera profesional dos servizos sociais comunitarios e das entidades sociosanitarias dos concellos pertencentes ao Consorcio As Mariñas así como calquera persoa vencellada á intervención social.
A convocatoria estará aberta desde o 1 ata o 14 de outubro (ambos incluídos).