A Bandeira Azul ondeará un ano máis na praia de Gandarío. A Asociación de Educación Ambiental e do Consumidor (ADEAC) fixo pública hoxe a listaxe de areais que contan con este distintivo de calidade, entre os que volve estar Gandarío, por sétimo ano consecutivo.
O Concello de Bergondo amosa a súa satisfacción porque un dos seus areais obteña este prestixioso recoñecemento. Destaca ademais todo o traballo que supón manter as praias nun estado óptimo para o gozo de residentes e turistas.