A Escola Infantil abre as súas portas ás familias de Bergondo

A Escola Infantil Muncipal organiza dúas xornadas de portas abertas os días 1 e 15 de abril. O obxectivo é que as familias coñezan as instalacións e os servizos que se ofrecen no centro para os seus nenos e nenas de 0 a 3 anos.

Para poder asistir, deberase pedir cita chamando ao teléfono 981 780 537 ou mandando un correo electrónico ao enderezo escuelabergondo@yahoo.es.

Lembramos que o 1 de abril tamén abre o prazo de presentación de solicitudes para os novos ingresos para o curso 2024/2025, estando dispoñible ata o venres 19 do mesmo mes.