Dende hoxe está a disposición da cidadanía a web da biblioteca municipal de Bergondo elaborada grazas as ferramentas de edición que o Ministerio de Cultura pon a disposición das bibliotecas municipais.
Nesta páxina poderase obter información da nosa biblioteca relacionada cos servizos que se prestan, os fondos dos que dispoñemos, actividades bibliotecarias e iniciativas culturais organizadas polo Concello de Bergondo, localización, contacto e horario, etc.
A través desta web poderase ter aceso directo ao catálogo da Rede de Bibliotecas de Galicia e a varias bibliotecas dixitais como Galiza-Le, e-Bibliodacoruna, Ebiblio ou Galiciana.
Tamén están dispoñibles diferentes plataformas dixitais que poden ser de interese de consulta para a cidadanía como EFILM, Pregunte, as bibliotecas responden ou a Biblioteca Virtual da Prensa Histórica, entre outras.
A presenza na web pretende servir de ferramenta útil para as persoas usuarias da biblioteca contribuíndo a mellorar o servizo bibliotecario facilitando o acceso da cidadanía á información e á cultura