Neste apartado figuran unha serie de trámites ou procedementos administrativos, comúns na administración local. Tamén están dispoñibles algúns modelos de documentos que poden estar asociados a trámites concretos.
Todos eles se presentan agrupados por categorías, e dentro delas, cada procedemento ofrece a opción de descargar un modelo de instancia, de acceder ó trámite electrónico, nos casos en que esté operativo, así como obter máis información sobre o trámite, ben na propia sede electrónica ou no apartado correspondente dentro desta páxina web.
A categoría denominada "xerais", inclúe trámites ou modelos de documentos que serven para varios trámites.
A Sede electrónica municipal (que é o portal dende o cal se poden presentar solicitudes y documentación de forma telemática) está operativa 24 horas ó día, 365 días ó ano. Para poder iniciar un trámite telemático é necesario identificarse cun dos sistemas admitidos (certificado dixital ou sistema Cl@ve). Pulsar no botón que se mostra no seguinte enlace:
https://se-pasarela.clave.gob.es/WebPortal/loginClave.xhtml
Canles de comunicación do concello de Bergondo cos usuarios/interesados
Ademais da canle tradicional (correo postal), dende outubro de 2017, o concello de Bergondo pode enviar notificacións, comunicacións, requerimentos, etc. vía telemática.
O concello de Bergondo está adherido á plataforma de notificacións electrónicas da Xunta de Galicia: Notifica.gal
Para que o usuario destinatario poida recibir nesta plataforma as comunicacións do concello, ten que cumplir estes requisitos:
- Estar en disposición dun certificado electrónico ou do sistema Chave365
- Estar dado de alta en Notifica.gal
- Elexir a opción da canle telemática cando se presenta a solicitude por rexistro, outorgando permiso ó concello para que lle de de alta nesa plataforma no seu lugar.
Hai algúns usuarios que están obrigados por lei a relacionarse electrónicamente coas administracións públicas. Consulta no pdf (á dereita da páxina) cales son estes colectivos.
Para máis información:
- Acceder a Notifica.gal
- Descargar os tutoriais informativos na parte dereita desta páxina.
Rexistro Xeral e Auxiliares (Urbanismo)
| |
Rexistro Telemático (Sede electrónica e Rexistro electrónico común)
| |
981 79 12 52, ext. 9 (Rexistro Xeral) | |
Información |
Lei 39/2015 (art. 14) quen está obrigado a relacionarse por medios electrónicos coas AAPP
Descargar (26.38 kb)
Tutorial alta Notifica.gal
Descargar (1.26 mb)
Tutorial usuarios obrigados por lei a relacionarse por medios electrónicos coas AAPP (contratistas e outros colectivos)
Descargar (2.24 mb)
Tutorial usuarios non obrigados
Descargar (1.71 mb)
Concello de Bergondo - Estrada A Coruña, 12 15165 - Bergondo (A Coruña)
CIF P1500800F
Telf. 981 79 12 52 - Fax 981 79 42 33