concello de BERGONDO - Xoia das Mari�as

Inicio » #O Concello » Contratación » Contratos menores

Contratos menores

A+ A- Impresora - Imprimir Correo - Enviar

 

O concello de Bergondo, en aras á transparencia da actuación municipal, publica a partir do mes de marzo de 2015 ás licitacións correspondentes ós:

 

 Contratos menores de servizos e subministros de máis de 12.000 euros.

 Contratos menores de obra de máis de 18.000 euros.


Así como aqueles outros de menor importe que por razóns de eficacia se considere necesario incluir.

 

 As licitacións publícanse no espazo de novas do concello (na portada principal da páxina web).

 

Procedemento de tramitación:

As ofertas económicas deben entregarse, en sobre pechado, no Rexistro Xeral do Concello de Bergondo no prazo que se estableza en cada contrato, achegando coas mesmas o modelo de declaración responsable debidamente cuberto, así como o compromiso de iniciar a prestación do obxecto do contrato no prazo que indique o órgano de contratación na notificación da adxudicación.

Nos contratos menores que se definan exclusivamente pola súa contía, a tramitación do expediente só esixirá a aprobación do gasto e a incorporación ao mesmo da factura correspondente que reúna os requisitos regulamentariamente establecidos, e no contrato de obras, ademáis, o presuposto das obras, sen prexuízo da existencia de proxecto cando as normas específicas así o requiran, todo isto, sen prexuízo da esixencia dos requisitos que non sexan incompatibles coa especial natureza destes contratos, entre eles os relativos á capacidade e solvencia do contratista. 

Estes contratos non poden ter unha duración superior a un ano, nin ser obxecto de prórroga nin de revisión de prezos.

A adxudicación realízase a favor da oferta económicamente máis ventaxosa e que conteña todos os documentos esixidos na mesma.

 

 Periódicamente publícase nesta páxina web un resumo dos contratos menores adxudicados polo concello de Bergondo.

 

Lexislación aplicable:

A regulación legal ven recollida fundamentalmente nos artigos 23, 111 e 138.3 do Texto refundido da Lei de contratos do Sector Público.



Casa do Concello. Planta principal

981 79 12 52, ext. 8 ou 2

Contratación



RDL 3/2011, de 14 de novembro (texto refundido Lei de Contratos Sector Público).


Concello de Bergondo - Estrada A Coruña, 12 15165 - Bergondo (A Coruña)
CIF P1500800F
Telf. 981 79 12 52 - Fax 981 79 42 33

Icono Accesibilidad AA - WAI Icono XHTML Icono CSS

Problemas técnicos?Aviso legal