concello de BERGONDO - Xoia das Mari�as

Noticia

A+ A- Impresora - Imprimir Correo - Enviar

« Volver al listado

23 de Abril, 2020

XXI edición do concurso Bergondo nun conto

Coincidindo coa celebración do DÍA DO LIBRO, o concello de Bergondo publicou as bases do concurso BERGONDO NUN CONTO (XXI edición).


 

Dise que “O que non se escribe, esquécese. O que se esquece, non se recorda. O que non se recorda deixa de ser parte de nos. O que deixa de ser parte de nos, deixa de pertencernos e deixa de definirnos”.


E como non queremos que pase iso, organizamos outro ano máis, o tradicional concurso de “Bergondo nun conto” -e xa imos pola XXI edición- pero con algún que outro cambio, adaptándose ás circunstancias que nos están tocando vivir.


Queremos que nos contedes, nun texto, nun conto, nunha poesía, ou nun debuxo os vosos sentimentos, como estades a vivir esta situación, en que vos está axudando todo isto, como falades coas vosas amizades e familiares. Hai alguén na vosa familia que recorde outros confinamentos? A idea é compartir e así poder construír entre todos e todas o “Bergondo nun conto 2020”.


Como facelo? Pois como diciamos, cun texto, un debuxo ou ambas cousas; de forma individual ou
conxunta: alguén que se atope so, dous irmáns, unha parella, unha nena cos seus avós, etc… Podedes
estar confinados xuntos e contarnos como vos atopades ou escribir sobre a persoa á que máis votedes
en falta, se podedes falar con ela ou non e que faredes en canto vos vexades.


Con todas as participacións, queremos construír algo que nos quede de recordo. Imaxinades volver a
velo dentro de 10 anos? ou en 20?


Así que adiante! Colle o teu traballo e escanea ou saca unha foto co móbil (que se vexa ben, de forma
clara) e envíao por correo electrónico a cultura.deportes@bergondo.gal ou a través dunha mensaxe na páxina de Facebook da Axencia de Lectura de Bergondo. É importante que sinales o teu nome, apelidos e teléfono (se sodes varios, indicade o de todos/as).
Se alguén ten dificultades en mandalo pode poñerse en contacto no 981 791 252 (ext.4) e dende o concello intentaremos facilitar a vosa participación.


Cando volvamos a vernos, todos/as os/as que participedes, recibiredes un bono para comprar en tendas de Bergondo.


Ademais, de entre todos os traballos, escolleremos un para a foto de portada da páxina de facebook da
axencia de lectura.


AXUDADES A CONSTRUÍR O CONTO DO 2020?
ÁNIMO! TODO SAIRÁ BEN!


Recepción de traballos ata o 31 de maio.

 

 

Arquivos:
Bergondo_nun_conto_2020__info_.pdf
XXI_CONCURSO__BERGONDO_NUN_CONTO__2020__1_.jpg

Concello de Bergondo - Estrada A Coruña, 12 15165 - Bergondo (A Coruña)
CIF P1500800F
Telf. 981 79 12 52 - Fax 981 79 42 33

Icono Accesibilidad AA - WAI Icono XHTML Icono CSS

Problemas técnicos?Aviso legal