concello de BERGONDO - Xoia das Mari�as

Noticia

A+ A- Impresora - Imprimir Correo - Enviar

« Volver al listado

02 de Outubro, 2019

Subvencións municipais a deportistas individuais do Concello de Bergondo para o exercicio económico de 2019

NOVA: EDICTO Aprobación da listaxe de solicitudes admitidas e as que deberán subsanarse, correspondentes á Convocatoria de subvencións a deportistas individuais do ano 2019

Prazo para subsanacións ou enmendas: do 3 ó 16 de outubro de 2019 (ambos inclusive)


 

INFORMACIÓN SOBRE A CONVOCATORIA


Descrición


É obxecto deste procedemento administrativo facilitar a xestión de solicitudes de Subvención municipais a deportistas individuais do Concello de Bergondo para o exercicio económico de 2019 xestionadas por este concello.



Quen pode presentar unha solicitude


Poderán solicitar subvencións os deportistas do Concello de Bergondo que, cumprindo ó prescrito no artigo 13 da Lei 38/2003, e artigo 10 da Lei 9/2007, de 13 de xuño, de subvencións de Galicia, reúnan ademais os seguintes requisitos:


- Estar empadroado no Concello de Bergondo cunha antigüidade de, polo menos, dous anos consecutivos, no momento da solicitude.


- Estar en posesión de licenza deportiva, expedida pola federación correspondente, no momento da solicitude.


- Acreditar o nivel deportivo na especialidade, polo menos, correspondente ó ano anterior ó da solicitude.


- Competir, no ano da solicitude, en eventos/probas deportivas de relevancia autonómica, nacional ou internacional organizados ou recoñecidos polas respectivas federacións.


- Non estar incurso en ningún dos supostos de incapacidade ou incompatibilidade para obter a condición de beneficiario de subvencións (artigo 13 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións).


- Ter entre outros fins a realización das actividades obxecto da subvención, así como dispor de estrutura suficiente que garante o cumprimento dos seus obxectivos.


- Encontrarse ó corrente das obrigas tributarias co Concello de Bergondo, e con calquera outra administración.


- De ser o caso, ter xustificadas as subvencións recibidas con anterioridade polo Concello de Bergondo.



Como e onde facer o proceso



VÍA TELEMÁTICA dende a sede electrónica municipal (vía preferente)

https://sede.bergondo.gal/opencms/gl/procedimientosytramites/tramites/Solicitudsubvencionesdeportistasindividuais2019

VÍA PRESENCIAL (en papel):



Hai dúas opcións:


1.- Achegarse á Casa de Cultura para obter asesoramento e cubrir os seguintes anexos e documentación:

Anexo 1: SOLICITUDE, xunto coa seguinte documentación:

- Fotocopia do DNI e, no caso de ser necesario, documento que acredite a representación legal.

- Fotocopia de la licenza federativa do ano 2019.

- Certificado acreditativo ou nº do DOG ou BOE da condición de deportistas de alto nivel galego ou nacional.

- Certificado da federación de estar nalgún centro de tecnificación autonómico ou nacional no ano 2019.

- Certificado da federación sobre a participación en competicións oficiais, asistencia a xornadas de tecnificación, ou concentracións de selección autonómica e/ou nacional, no que se recolla: lugares de competicións /concentracións, datas e resultados acadados no ano 2018 e ou 2019.

Anexo 2: ALTA DE DATOS DE TERCEIROS. Se xa se presentou outros ano, non teñen que presentalo este ano, a non ser que haxa algún cambio.

Presentar os anexos e a documentación antedita na Oficina de Rexistro Xeral do concello.

Documentación para descargar:

Para presentar a solicitude:

Para presentar a xustificación cando proceda:

 

2.- Se non precisa asesoramento, pode descargar, cubrir os anexos e imprimirlos para presentalos xunto coa documentación antedita, na oficina do Rexistro Xeral municipal (situado na Casa do Concello).
Tamén pode presentalo en calquera outro rexistro especificado no artigo 16.4 da Lei 39/2015



Prazo: do 26 de agosto ó 13 de setembro de 2019 (ambos inclusive)



Normativa



Consultar a normativa específica e xeral nos seguintes enlaces:




Máis información:



Nome:  CONVOCATORIA PÚBLICA DE SUBVENCIÓNS MUNICIPAIS A DEPORTISTAS INDIVIDUAIS DO CONCELLO DE BERGONDO PARA O EXERCICIO ECONÓMICO DE 2019

Unidade tramitadora: Cultura e Deportes
Inicio do procedemento: A instancia de parte.
Tipo de interesado: Persoa física
Órgano de resolución: Xunta de Goberno Local
Carácter silencio administrativo: segundo normativa

Prazo de execución: 3 meses.
Recurso aplicable: Potestativo de reposición/Contencioso - administrativo.

Canles de atención:
-    Telemático https://sede.bergondo.gal/opencms/gl/procedimientosytramites/tramites/Solicitudsubvencionesdeportistasindividuais2019
-    Presencial


 

+ info: 981 79 12 52, ext,. 4 / cultura.deportes@bergondo.gal

 


Concello de Bergondo - Estrada A Coruña, 12 15165 - Bergondo (A Coruña)
CIF P1500800F
Telf. 981 79 12 52 - Fax 981 79 42 33

Icono Accesibilidad AA - WAI Icono XHTML Icono CSS

Problemas técnicos?Aviso legal