concello de BERGONDO - Xoia das Mari�as

Noticia

A+ A- Impresora - Imprimir Correo - Enviar

« Volver al listado

20 de Xuño, 2019

Actividades Verán 2019

 

CULTURA - DEPORTES

------ Listados de admitidos, lista de reserva e actividades que non se realizan.

------ Listados 2º prazo preinscricións.

(Descargar listados en pdf abaixo)


 

EDUCACIÓN

------- Listados Programa conciliación xullo e agosto e curso académico 2019-2010. Listado admitidos e lista de reserva.

(Descargar listados en pdf abaixo)


 C ULTURA - DEPORTES - EDUCACIÓN

Prazos:

Para recollida do documento de pago das persoas xa admitidas: do 17 ao 21 de xuño na Casa de Cultura en horario de 9.30 a 14.30 horas.

Para pago destas novas inscricións: do 24 ao 26 de xuño de 2019.


Aviso: Actividade "Campamento urbano 2. Grupos 1, 2 e 3: o que NON se vai a realizar é o do grupo 2 (opción xantar).


 

Bases das actividades culturais, deportivas e educativas

1.    Prazo de preinscricións: do 3 ao 7 de xuño na Casa de Cultura en horario de 9.30 a 14.30 horas. Se ten algún tipo de desconto debe indicalo no momento da preinscrición.

O  prazo de preinscrición no Campamento Deportivo da Deputación da Coruña 2019, remata o día 31 de maio de 2019.


2.    As persoas ou representantes que realizan a preinscrición fan constar que o/a inscrito/a non  padece enfermidade que os incapacite para a práctica deportiva, tendo feito o oportuno recoñecemento médico.

3.    Se hai máis solicitantes que prazas, realizarase un sorteo público, o día 12 de xuño, na Casa de Cultura ás 12.00 horas. Neste sorteo terán preferencia as persoas solicitantes empadroadas no Concello de Bergondo, e as preferencias que constan nas observacións dalgunha actividade. O sorteo para as prazas do Campamento Deportivo da Deputación, será outro día e se lle cominicará aos preinscritos por teléfono.

4.    Os listados definitivos exporanse na Casa de Cultura.


5.    Prazo de recollida do documento de pago: do 17 ao 21 de xuño na Casa de Cultura en horario de 9.30 a 14.30 horas.

Se rematado este prazo as persoas que lles toca por sorteo, non tramitan a inscrición, pasarán as persoas que están en lista de reserva.


SERVIZOS SOCIAIS

Programa de envellecemento activo: actividades dirixidas a persoas maiores de 55 anos departamento de servizos sociais:


*Requisitos: persoas maiores de 55 anos. Terán preferencia as persoas empadroadas no Concello de Bergondo.

As datas para as inscricións son as sinaladas no cadro (ver programa de actividades).

As inscricións realizaranse presencialmente no Departamento de Servizos Sociais de 09.00 h. a 15.00 h.

As prazas serán asignadas por rigorosa orde de inscrición.

Cada persoa poderá apuntarse a sí mesma e a unha persoa acompañante.


 

Arquivos:
Listados_2o_prazo_preinscricions_actividades_veran_2019.pdf
LISTADOS_ACTIVIDADES_VERAN_CULTURA_DEPORTES.pdf
LISTADO_CONCILIACION_CURSO_ACADEMICO_2019_2020.pdf
LISTADO_CONCILIACION_VERAN_2019._XULLO_E_AGOSTO..pdf
Publicidade_actividades_culturais_e_deportivas_veran_2019.pdf
Publicidade_actividades_educativas_e_de_servizos_sociais_veran_2019.pdf
Ficha_de_INSCRICION_VERAN_2019.doc

Concello de Bergondo - Estrada A Coruña, 12 15165 - Bergondo (A Coruña)
CIF P1500800F
Telf. 981 79 12 52 - Fax 981 79 42 33

Icono Accesibilidad AA - WAI Icono XHTML Icono CSS

Problemas técnicos?Aviso legal