concello de BERGONDO - Xoia das Mari�as

Noticia

A+ A- Impresora - Imprimir Correo - Enviar

« Volver al listado

23 de Abril, 2019

Programa Convive.comigo. Asociación Arela

 

Programa Convive.comigo
 
Que se busca?
Familias e persoas cunha alta sensibilidade cara á adolescencia que queiran facer unha aposta temporal por un/unha adolescente con dificultades a quen o xulgado lle impuxo en sentenza unha medida de convivencia cunha persoa ou familia.

Un ambiente socializador e positivo que lles permita aos/as adolescentes a posibilidade de modificar as circunstancias que motivaron a medida e, polo tanto, que non reincidan nos mesmos feitos, comportamentos e actitudes.

Que requisitos?
Pártese duns requisitos mínimos como ser maior de idade, dispoñer dunha vivenda adecuada, estabilidade emocional, comprometerse traballar en equipo, garantir un alto grao de dispoñibilidade, non buscar a satisfacción dun desexo de parentalidade,…

Valoramos positivamente a formación relacionada con ciencias sociais, a experiencia previa en programas de acollemento familiar, ter unha predisposición a ser formadas en diferentes temáticas como adolescencia, formación de carácter xurídico,…

Que ofrece a Asociación Arela?
- Formación grupal e individual, e asesoramento.

- Acompañamento de profesionais.

- Financiamento durante os meses que permaneza o/a adolescente coa familia ou a persoa.

Asociación en convive@arela.org ou no teléfono 986212537.



Concello de Bergondo - Estrada A Coruña, 12 15165 - Bergondo (A Coruña)
CIF P1500800F
Telf. 981 79 12 52 - Fax 981 79 42 33

Icono Accesibilidad AA - WAI Icono XHTML Icono CSS

Problemas técnicos?Aviso legal