concello de BERGONDO - Xoia das Mari�as

Noticia

A+ A- Impresora - Imprimir Correo - Enviar

« Volver al listado

31 de Agosto, 2018

Observación de aves e fotografía no Pazo de Mariñán

Entrega do premio ó gañador do concurso.

Esta actividade estivo organizada polo Equipo de voluntariado municipal.

 

31 de agosto: Esta mañá, Mª Begoña Calviño Dorado, Concelleira de Benestar Social e Juan A. Fariña Pedreira, Concelleiro de Infraestruturas, Urbanismo e Medio Ambiente, fixeron entrega do premio do concurso de fotografía.

Jorge Lama Varela, gañador do premio, participou xunto con un total de 11 persoas no Concurso de fotografía organizado no marco da actividade de Observación de aves e fotografía no Pazo de Mariñán o pasado 19 de agosto.

O equipo de voluntariado municipal organizou esta actividade cun marcado interese medioambiental, na que se puidese gozar do sol, das marismas e dese espazo privilexiado de forma ecolóxica e solidaria. Este tipo de actividades pretenden sensibilizar á comunidade para axudar a valorar, conservar e recuperar os nosos espazos naturais.

Desta forma, os/as veciños/as divírtense con estas actividades e coñecen a persoas comprometidas co seu entorno. Sensibilizase á poboación sobre a importancia de protexer a natureza, restaurando hábitats ameazados, ecosistemas forestais etc. 

Fotografía seleccionada como gañadora: a presentada por Jorge Lama Varela con título “Lapis no pelo e natureza de preto”.

 


Podes ver tódalas fotografías presentadas na ligazón de abaixo (Flickr)

Información:  981 79 12 52, ext. 3 / serezabel.rodriguez@bergondo.gal

 

 

 

 

Arquivos:
Aves_e_fotografia.jpg
Lapis_no_pelo_e_natureza_de_preto.jpg
Fallo_concurso_de_fotografia.pdf
entrega_premio_1.jpeg
entrega_premio_2.jpeg
entrega_premio_3.jpeg

Concello de Bergondo - Estrada A Coruña, 12 15165 - Bergondo (A Coruña)
CIF P1500800F
Telf. 981 79 12 52 - Fax 981 79 42 33

Icono Accesibilidad AA - WAI Icono XHTML Icono CSS

Problemas técnicos?Aviso legal