concello de BERGONDO - Xoia das Mari�as

Noticia

A+ A- Impresora - Imprimir Correo - Enviar

« Volver al listado

20 de Febreiro, 2020

Obradoiro de nutrición saudable para persoas maiores


Datas:

Marzo: 6, 13 e 27

Abril: 17 e 24

Maio: 8, 15, 22 e 29

Xuño: 5 e 12


Horario: 16.30 a 18.00


Lugar: Centro social de Guísamo
 

Dirixido a persoas maiores de 55 anos.

Máis información e inscricións de balde nos Servizos Sociais ou no 981.791252 ext. 3


Nº máx. persoas: 15. Terán preferencia as persoas empadronadas no Concello de Bergondo.



Quen imparte?
 
Chámome Silvia Méndez. Nacín en Vigo, no ´84. Son licenciada en bioloxía e profesora en centros educativos galegos. A miña paixón pola natureza, a cociña, a nutrición e a alimentación saudable, e o corpo humano entendido de forma holística, leváronme a continuar os meus estudos cun Máster en Mediciña Natural (USC), un Posgrado en PsicoNeuroInmunoendocrinoloxía (PNIE), e un Máster en Nutrición e Metabolismo (URV-UB), entre outras formacións.

A miña incesante procura por novos coñecementos e a paixón por interconectalos e transmitilos de forma asequible e aplicable á vida cotiá, son a mestura perfeta que definen o meu labor: docente de cursos de nutrición e alimentación eco-lóxica e conciencia, e de obradoiros de técnicas culinarias saudables, conferenciante, redactora e divulgadora científica, e asesora nutricional holística.

Son a fundadora de V de Vegetal (https://www.vdevegetal.com/), proxecto que codirixo. Pertenzo ao equipo de Neurozona (neurozona.com). E gústame estar en continua formación e "transformación".
 


Ademais, contarase cos seguintes docentes:


•    Estefanía Zardoya Cabo. Médico especialista en Medicina Familiar y Comunitaria. Coach por ICC.
•    Javier Alejandro Amestoy. Médico especialista en Medicina Deportiva. Coach por ICC.
•    Verónica Martínez Vázquez. Bióloga opción sanitaria. Bióloga interna residente en bioquímica clínica. Experta Universitaria en Nutrición. Formación en dietética y dietoterapia natural, y en PNI.

+ info: https://www.vdevegetal.com/


 

 

Arquivos:
Por_unha_educacion_en_saude.pdf

Concello de Bergondo - Estrada A Coruña, 12 15165 - Bergondo (A Coruña)
CIF P1500800F
Telf. 981 79 12 52 - Fax 981 79 42 33

Icono Accesibilidad AA - WAI Icono XHTML Icono CSS

Problemas técnicos?Aviso legal