concello de BERGONDO - Xoia das Mari�as

Noticia

A+ A- Impresora - Imprimir Correo - Enviar

« Volver al listado

27 de Marzo, 2017

II Certame de gaitas “Homenaxe aos Mariñáns de Guísamo e a Juan Brea Lodeiro"

 

BASES

Participantes

· Poderán tomar parte todos os grupos de música tradicional galega que o desexen, sempre e cando estean constituídos ao redor da figura do gaiteiro como principal eixo vertebrador. Estas formacións poderán estar integradas por un mínimo de 4 e un máximo de 15 compoñentes. Serán permitidos todos aqueles instrumentos tradicionalmente empregados en diferentes conxuntos instrumentais nos que a gaita é protagonista, como clarinetes, saxofóns, acordeóns, requintas, tambores, pandeiretas, bombo, caixa, pratos ou calquera outro instrumento vencellado á historia destas formacións. Todos os cuartetos de gaita, quintetos, murgas ou músicas, requinteiros, coros de gaitas poderán concorrer neste certame.

· Todos os instrumentos serán de formato e feitura tradicional quedando expresamente excluídas as percusións de alta tensión e as gaitas denominadas “marciais”.

· Os participantes vestirán obrigatoriamente co traxe tradicional galego.

· A interpretación no concurso constará de dúas pezas de libre elección que no seu conxunto non poderán sobrepasar o tempo máximo de 8 minutos. As pezas poderán ser tradicionais galegas ou de autor, sempre vencelladas á música tradicional galega e axeitadas aos instrumentos cos que se interpretan.

· Os concursantes disporán de 2 minutos para afinación e colocación no escenario.

Documentación a aportar e procedemento de selección

· Solicitude de participación no concurso debidamente cuberto e asinado (anexo I) que estará dispoñibles na Casa da Cultura ou na páxina web do concello www.bergondo.es

· O prazo para solicitar a participación comezará ao día seguinte ao da publicación destas bases no Boletín Oficial da Provincia e rematará o 10 de maio ás 14.00 horas.

· A orde de participación no concurso será de acordo coa de inscrición.

· O número máximo de grupos participantes limítase a 12, seleccionándose por rigoroso orde de inscrición, quedando as demais solicitudes como reservas. Finalizado o prazo de recepción de solicitudes de participación farase público a listaxe dos grupos seleccionados para o concurso.

Condicións de participación

· Todo o proceso de selección será inapelable.

· A organización resérvase a posibilidade de non realizar o concurso se non se reúnen un mínimo de solicitudes.

· Os participantes ceden os seus dereitos de imaxe e distribución ao Concello de Bergondo, en todo o relacionado con este concurso.

· A participación neste concurso implica a aceptación das presentes bases na súa totalidade.

· Para calquera outra circunstancia non incluída nestas bases, a organización reservase o dereito a decidir no seu momento.

Premios dos concursos

· Establécese unha única categoría con tres premios, que se adxudicarán aos tres mellores grupos segundo o criterio do xurado. O mesmo fará unha valoración que atenderá a diferentes aspectos tales como a interpretación das pezas, a idoneidade do repertorio escollido, a dificultade das mesmas, a afinación e limpeza na execución, á comunicación co público, á presenza e enxebridade de cada un dos grupos finalistas. Do mesmo xeito valorarase a recuperación de temas tradicionais ou clásicos así como a interpretación de temas inéditos que profundicen nas raíces do folclore galego. A dotación de cada premio, será a seguinte:

– Primeiro premio: 1.000€ e contratación do grupo para o Festival Folk de Guísamo.

– Segundo premio: 300€

– Terceiro premio: Mención e agasallo.

· O xurado do concurso estará composto por tres persoas de recoñecido prestixio dentro da música tradicional galega e o seu fallo será inapelable.

· Como peche do evento, o grupo gañador interpretará a peza que figura no anexo II “Pasodobre dos Mariñáns”, do repertorio dos “Mariñáns de Guísamo” e transmitida por Juan Brea Lodeiro.

· Os gañadores recollerán ese día un vale do premio e deberán presentalo na Casa da Cultura, nun prazo máximo de 10 día hábiles, acompañado da alta de terceiros, xunto coa documentación correspondente (documento acreditativo da identidade do terceiro, fotocopia do NIF do representante legal do terceiro, acreditación da representación legal do terceiro, acreditación da titularidade da conta bancaria)

· Os premios estarán suxeitos á normativa do IRPF.

· Todos os finalistas recibirán un diploma acreditativo da súa participación no concurso.

Bases final

En todo o non previsto nas presentes bases, será de aplicación a Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións e a Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e os seus correspondentes desenvolvementos regulamentarios; así como a Lei 19/2013, de 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, e a Ordenanza municipal de transparencia, acceso á información e reutilización (BOP núm. 78 do 28.04.2015)”


+ información:

Telf. Cultura: 981 79 12 52, ext. 4

Correo electrónico: cultura.deportes@bergondo.gal

Horario rexistro municipal presencial: de 9:00 a 14:45 h (luns a venres. Sábado, pechado)

Rexistro telemático, a través da nosa Sede-e: aberto todo o ano as 24 h. do día.


 

Arquivos:
Modelo_de_inscricion.pdf
Anexo_II_01.pdf

Concello de Bergondo - Estrada A Coruña, 12 15165 - Bergondo (A Coruña)
CIF P1500800F
Telf. 981 79 12 52 - Fax 981 79 42 33

Icono Accesibilidad AA - WAI Icono XHTML Icono CSS

Problemas técnicos?Aviso legal