concello de BERGONDO - Xoia das Mari�as

Noticia

A+ A- Impresora - Imprimir Correo - Enviar

« Volver al listado

17 de Xaneiro, 2020

I Premio de poesía Filomena Dato

O prazo de admisión de orixinais estará aberto ata o 15 de abril de 2020

 

O Concello de Bergondo vén de anunciar a inminente convocatoria do Premio de Poesía Filomena Dato. O certame, que pretende honrar a memoria da escritora e afervoada feminista galega Filomena Dato Muruais (1856-1926).


As persoas que desexen participar no concurso deberán presentar os seus orixinais na Casa da Cultura do concello e a data límite de entrega será o 15 de abril de 2020. Tras as deliberacións do xurado, o galardón anunciarase antes do próximo 31 de maio de 2020, coa presenza do autor ou autora da obra distinguida.


O premio, ao que poden presentarse libros de poesía inéditos e escritos en lingua galega cunha extensión non inferior aos 500 versos, ten unha dotación económica de 2.000€. A maiores, o poemario gañador pasará a ser publicado pola editora Apiario na súa colección de poesía.


Con este galardón, o Concello de Bergondo contribúe a aumentar a nómina de certames que impulsan a creación poética en galego, así como a rescatar do esquecemento a figura dunha muller fundamental e pouco coñecida dentro do movemento literario do Rexurdimento.



Arquivos:
BASES_PREMIO_FILOMENA_DATO.pdf
BASES_PREMIO_FILOMENA_DATO.jpg
Bases_BOP_I_premio_poesia_Filomena_Dato.pdf

Concello de Bergondo - Estrada A Coruña, 12 15165 - Bergondo (A Coruña)
CIF P1500800F
Telf. 981 79 12 52 - Fax 981 79 42 33

Icono Accesibilidad AA - WAI Icono XHTML Icono CSS

Problemas técnicos?Aviso legal